SYMBALOO

OUTROS BLOGS SOBRE O CORPO HUMANO.

Na nosa conta de SYMBALOO ofrecémosvos varios blogs que tamén tratan a nosa temática: O CORPO HUMANO!!!

A nós gustannos todas, pero é certo que hai tres que destacan máis:

O primeiro blog é *Blog para Infantil: El cuerpo humano* ( http://elcuerpohumanoparainfantil.blogspot.com/ )

Neste blog trátanse diferentes formas de traballar o corpo humano en Educación Infantil con varias actividades e dinámicas para poder levalas á práctica tanto na casa como na aula. Unha das características que nos parecen moi interesantes é que as actividades que mostran son adaptables a todos os cursos da etapa escollida (neste caso da educación infantil).

A primeira actividade é un conto para traballar a percepción corporal identificando as partes do corpo e a súa función, ademais de traballar hábitos de vida saudables como a hixiene, o descanso… Logo, mostran un caderno de actividades no que aparecen diferentes fichas para completar.

Outra das dinámicas que nos mostra este bloga son unha serie de adiviñanzas nas que os nenos e nenas teñen que averiguar a parte do corpo humano do que se está falando. A continuación, o blog conta con dúas cancións que permitirán aos nenos concienciarse sobre o propio corpo e a súa identidade.

Por último, podemos atopar varios exercicios nos que se poden traballar as diferentes partes do corpo e o traballo de percepción deste (colocarse fronte a un espello e dicir en voz alta unha parte do corpo, debuxos para completar co nome da parte do corpo que se sinala…).

O segundo blog é * “Un viaje por nuestro cuerpo” … versión 2.0. *(https://elalmademiaula.com/2020/12/31/un-viaje-por-nuestro-cuerpo-version-2-0/)

Este blog  “El viaje de mi aula” está realizado por Irene González Callado. Esta educadora fixo un proxecto titulado “Un viaje por nuestro cuerpo”. A finalidade deste é que as crianzas descruban como é o seu propio corpo, tanto por dentro como por fora, así como que se fagan preguntas do estilo: cal é a función do corazón?, cal é o oso máis longos? como funcionan os meus sentidos?, etc. O obxectivo destas preguntas son que se nutran de información e sexan capaces de respostarse entre eles/as. 

A primeira das actividades que nos amosan é un conto, Que risa de osos!, na que nos adxunta un enlace para ese audiolibro. a partir de aquí fai un pequeno debate cunhas preguntas moi sinxelas que as crianzas serán capaces de respostar sen maior complicación.

Despois organizou a actividade en dúas tarefas: 

A primeira chámase “Eu por dentro”  traballada inicialmente dende unha investigación polas partes do corpo, o esqueleto, os músculos e os principais órganos internos. 

E na segunda tarefa investíganse os sentidos e cales son os papeis que teñen no noso día a día.

Todas as tarefas e actividades que van facendo, acompáñanas con propostas motivadoras e vivenciais que enriquecen o aprendido, as cales son de participación voluntaria e sempre cooperativa. 

E por último está “Aprendemos a dibujarnos“.

(https://la-clase-de-laura.blogspot.com/2018/12/aprendemos-dibujarnos.html)

O seguinte blog foi creado e ideado por uns nenos de tres anos da escola de San Roque de María de Huerva coa axuda da súa profesora, Laura. A entrada na que facemos fincapé consiste en aprender a debuxar o noso corpo. Isto lévase a cabo a través dunha canción onde cada neno vai debuxando o que a parte do corpo que vai soando ao mesmo tempo que a van cantando. Logo, ao rematar de debuxar, entre todos revísanse os diferentes debuxos co obxectivo de comprobar que non falte ningún membro do corpo ou que estas estean colocados de forma correcta. Ademais, a profesora escribe o nome de cada alumno e a data, repasando desta forma tamén a escritura de cada letra e o sonido que fai, debuxándoa cada un e cada unha no aire. Logo poderase ampliar a dificultade incluindo otras partes como por exemplo o iris, as cellas, as pestanas… 

Todos os debuxos serán amosados nun vídeo para poder visualizalos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s